sábado, 27 de julio de 2013

A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga)

A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga) de Emilio Grandío Seoane e Eliseo Fernández Fernández.
Sinopsis:
"Desde a súa fundación en 2004 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) vén realizando toda unha serie de actividades dirixidas á investigación da nosa memoria histórica e de homenaxe ás vítimas do franquismo. Malia todos os avances realizados no ámbito da memoria, a problemática das fosas comúns existentes na Galiza seguía sendo unha ferida aberta na que aínda había traballo por facer. Desde finais de 2008, a CRMH iniciou o seu traballo na recuperación da historia dun episodio da nosa memoria recente, como foi o das persoas soterradas na fosa do cemiterio de Vilarraso, no concello de Aranga. A fin socialera evidente: rematar a través do coñecemento dos feitos coa dor das persoas que non só perderon familiares na represión, senón que padeceron toda a súa vida a incertidune do final dos seus seres queridos"
En:
http://www.nomesevoces.net/gl/publicacion/a-fosa-do-cemiterio-de-vilarraso-aranga/

No hay comentarios:

Publicar un comentario